Fundado en 1971, COST (European Cooperation in the field of Scientific and Technical Research) é un marco intergobernamental para a coordinación de investigacións nacionais a nivel europea. O seu principal obxectivo é garantir que Europa ocupe unha posición importante no ámbito da investigación científica e técnica, aumentando a cooperación e interacción europea neste campo.
Son membros de COST os Estados membros da UE, Bulgaria, Romanía, Islandia, Noruega, Suíza e Turquía. Ademais, Israel participa como país cooperante. COST tamén admite a participación de países non membros en Accións individuais das que derive un beneficio mutuo.
Nos últimos anos, COST pasou a converterse nun dos máis amplos marcos de cooperación no campo da investigación en Europa e é un valioso mecanismo de coordinación de actividades nacionais de investigación. Na actualidade, COST conta con aproximadamente 200 Accións, reunindo a máis de 30.000 científicos de 32 Estados membros de Europa e máis de 46 institucións participantes pertencentes a Estados non membros de COST e a Organizacións Non Gobernamentais.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000