O CIP divídese en tres programas específicos. Cada un deles ten os seus obxectivos destinados a contribuír á competitividade das empresas e a súa capacidade de innovación nos seus propios ámbitos, como a enerxía sustentable ou as TIC:
1. O Programa de Asociacións Empresariais e Innovación, especialmente dirixido ás PEME (EIP)
2. O Programa de apoio á política das TIC
3. O Programa Europeo de Enerxía Intelixente (EIE)
O Programa de Asociacións Empresariais e Innovación, especialmente dirixido ás PEME (EIP):
Cun orzamento de 2.166 millóns de euros (o 60% do total do orzamento) este programa reunirá actividades sobre iniciativa empresarial, PEME, competitividade industrial e innovación.
Está orientado especificamente ás PEME e ás empresas familiares, posto que estas constitúen a maioría das empresas en Europa.
As actividades propostas inclúen o sector industrial e o de servizos, promove a iniciativa empresarial e incentiva o emprededorismo tanto de forma xeral como en grupos particulares, facendo fincapé nas cuestións de xénero.
Por último, tal e como pretende o Pacto Europeo da Xuventude, contribúe a promover entre os mozos un espírito emprendedor.
Obxectivos:
• o acceso ao financiamento para a creación e o crecemento de PEME e o investimento en actividades de innovación, incluída a eco-innovación
• a creación dun ámbito que favoreza a cooperación das PEME
• a innovación nas empresas, incluída a eco-innovación
• o espírito emprendedor e a cultura da innovación
• a reforma económica e administrativa relacionada coa empresa e a innovación
Os instrumentos financeiro-económicos previstos para este programa están dirixidos ás PEME e pretenden facilitar a subministración de capital inicial e apoiar as empresas innovadoras de nova creación e as empresas novas.
O proceso de financiamento é xestionado polo Fondo Europeo de Investimentos en cooperación coas institucións financeiras de cada Estado.
O Programa de apoio á política das TIC: este programa, que ten un orzamento de 728 millóns de euros (o 20% do orzamento total do programa) nace das leccións aprendidas nos programas eTen, eContent e MODINIS e pretende mellorar as sinerxías entre eles, así como o seu impacto. Tamén é un dos medios para apoiar accións identificadas dentro da nova iniciativa denominada i2010: Sociedade Europea da Innovación.
Obxectivos:
• Desenvolver un espazo único europeo da información e fortalecer o mercado interior europeo de produtos e servizos con base nas TIC
• Estimular a innovación mediante maior investimento en TIC
• Desenvolver unha sociedade da información inclusiva con servizos máis eficientes e efectivos nos ámbitos de interese público e mellorar a calidade de vida
- Accións previstas para este programa:
Establécense accións que prestarán especial atención á promoción e á sensibilización en torno ás oportunidades e as vantaxes que ofrecen as TIC a cidadáns e empresas, en áreas como:
• TIC para a saúde
• TIC para o envellecemento e a inclusión
• Bibliotecas dixitais
• TIC para o goberno e a gobernabilidade
• TIC para a eficiencia enerxética, medio ambiente e a smart mobility
• Información no sector público
• Evolución de Internet e seguridade
Igualmente fará promoción das actividades en torno ao desenvolvemento da información, a través de actividades de avaliación comparativa e de enquisas, formulación de políticas con estudos e análise das actividades sobre as últimas tendencias e os acontecementos relacionados coas cuestións relativas ás TIC. Así mesmo, apoia as políticas de alto nivel de conferencias e accións de coordinación cos estados membros representantes, así como unha maior difusión de accións de sensibilización.
A participación neste programa está aberto todo tipo de organizacións dos estados membros da UE e outros países que fosen especificados na convocatoria. Todas as propostas deben ser presentadas por un consorcio formado por actores de diferentes estados da Unión Europea e/ou asociados.
O Programa Europeo de Enerxía Intelixente (EIE): cun orzamento de 727 millóns de euros (o 20% do orzamento total do programa), este programa ten como obxectivo incentivar as accións relacionadas coa estratexia e os obxectivos comunitarios no ámbito da enerxía sustentable. É por iso que este programa se centra nos obxectivos para eliminar as barreiras non técnicas, a creación de oportunidades de mercado e o aumento da sensibilización tanto dos particulares como da industria e as empresas.
As accións específicas para ser apoiadas no marco do Programa EEI detállase nos programas anuais de traballo publicados cada ano e o financiamento cobre ata o 75% dos custos subvencionables do proxecto.
As liñas de acción son:
• A eficiencia enerxética e o uso racional da enerxía, en concreto nos sectores da construción e a industria (SAVE)
• Fontes de enerxía, novas e renovables, para a produción de electricidade e calor, a súa integración no ámbito local e os sistemas enerxéticos (ALTENER)
• Aspectos relativos á enerxía no ámbito do transporte (STEER)
Parte do orzamento do programa anual asígnase a accións de carácter estratéxico, tales como estudos preparatorios para a eficiencia e as enerxías renovables, iniciativas políticas para as avaliacións de impacto, accións concertadas e de cooperación coa Banco Europeo de Investimentos, Energy Europe Campaign, a iniciativa ManagEnergy e o apoio ao Covenant of Mayors.
A participación neste programa está aberta ás organizacións privadas ou públicas establecidas nun dos Estados membros da UE (ademais de Croacia, Noruega, Liechtenstein e Islandia). Normalmente os proxectos son de dous ou tres anos e as propostas deben ser presentadas por un consorcio formado tres por actores de diferentes Estados.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000