Con respecto á súa execución, o CIP busca unha realización sinxela e coherente dos seus obxectivos. Cada un dos programas específicos ten a súa propia comisión de xestión e un programa de traballo anual.
Coa finalidade de simplificar o funcionamento para os usuarios, hai instrumentos comúns para a súa execución (instrumentos financeiros, proxectos, redes, accións de análise etc.) que se poden utilizar para cada un dos programas específicos.
Por outro lado, o CIP non se basea unicamente en accións experimentadas e comprobadas, senón que abrangue unha variedade de instrumentos e actividades para cumprir os seus obxectivos, tales como:
• Instrumentos financeiros para mellorar o acceso ao financiamento das PEME a través de intermediarios financeiros
• Convocatorias anuais de propostas para a enerxía intelixente e proxectos no ámbito das TIC
• Proxectos piloto e de aplicación comercial en temas de eco-innovación, enerxía sustentable ou TIC
• Estudos analíticos sobre a enerxía sustentable, as TIC,
políticas de innovación e competitividade
• As actividades en rede (entidades socias privadas e públicas) para facilitar o intercambio de mellores prácticas co fin de optimizar as políticas en innovación
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000