CIP - Programa Marco de Competitividade e Innovación

O Programa Marco de Competitividade e Innovación (CIP) foi creado coa finalidade de proporcionar unha estrutura coherente aos programas e instrumentos comunitarios dirixidos a alcanzar os obxectivos de crecemento económico e creación de emprego establecidos pola Estratexia de Lisboa. Busca promover a competitividade das empresas, en especial das PEME.

O principal obxectivo consiste en apoiar as actividades innovadoras (incluída a eco-innovación), acelerar o desenvolvemento dunha sociedade da información competitiva, innovadora e global e promover a eficiencia enerxética, fonte de enerxía novas e renovables en todos os sectores.

Cun orzamento total de 3.621 millóns de euros para sete anos (2007-2013), o CIP executarase paralelamente ao Sétimo Programa Marco, así a Comisión pretende que ambos os dous programas se complementen e se reforcen mutuamente.
 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000