PROTECCIÓN DOS RESULTADOS DE INVESTIGACIÓN DA UDC

 

A través da OTRI xestiónanse as patentes realizadas polo profesorado no ámbito das súas funcións docentes e investigadoras, correspondendo a súa titularidade á universidade, segundo a Lei 11/86 de Patentes.

Prestamos apoio nos seguintes aspectos:

  • Xestión e asesoramento sobre a protección de resultados de investigación.
  • Documentación sobre propiedade industrial: normativas, leis, directivas, etc.
  • Tramitación de solicitudes de patentes e software.
  • Explotación de resultados: contratos de transferencia de tecnoloxía, contratos de licenzas de explotación e contratos de know-how .

Si vostede desexa comunicar un resultado, que considera susceptible de ser protexido, deberá cumprimentar este Cuestionario de análise tecnolóxica e remitilo á OTRI no menor prazo posible e sempre antes de publicaren ou difundiren calquera información relacionada co fin de evitar a perda de novidade.

Cuestionario de análise tecnolóxica

Regulamento de propiedade industrial e propiedade intelectual da UDC

Convocatoria de axudas á investigación 2014 para patentes

 

contacto

Maribel Docampo Ramos

981 167 000 ext. 1437

maribel@udc.es

 

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal