AllGenetics é unha compañía que proporciona servizos de xenética e bioloxía molecular a investigadores, empresas e institucións de todo o mundo. A compañia fundouse en 2011 por un equipo de mozos investigadores da Universidade da Coruña. Unha grande parte dos proxectos realizados por AllGenetics céntranse na aplicación da xenética molecular ás áreas de ecoloxía e biodiversidade. No último ano, esta compañía coruñesa realizou proxectos para 15 centros de investigación de 5 países diferentes.
AllGenetics foi distinguida como ’iniciativa de emprego de base tecnolóxica’ pola Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Social Europeo en 2012. Ademais, foi recoñecida como 'empresa asociada' pola Universidade da Coruña no presente ano 2013.
Análises bioinformáticas | Análises de paternidade | Deselvolvemento de marcadores microsatélite | DNA barcoding | DNA metabarcoding | Identificación de cans | RNA-seq | Sistemática molecular | Técnicas de xenética molecular | Xenotipado |
Joaquín Vierna Fernández
Alejandra Perina Cedrón
981 167 000 ext. 2631
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000