Torus Software Solutions é unha empresa de solucións de software de comunicacións ultrarrápido, que permite acelerar aplicacións en entornos donde o rendemento é crítico, en especial nos ámbito financieiro, o das telecomunicacións e a enerxía. Torus é unha Empresa de Base Tecnolóxica (EBT) recoñecida como tal pola Universidade da Coruña en Marzo de 2013. Torus está participada pola UDC e a Fundación Barrié, así como por investigadores do Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC. É o resultado das investigacións levadas a cabo polos promotores no campo das comunicacións de altas prestacións, o estreito apoio da OTRI da UDC e o financiamento recibido pola Fundación Barrié a través do Fondo de Investimento Ciencia, mecanismo creado para axudar a valorización e comercialización de tecnoloxías xeradas nas Universidades e Centros de investigación Galegos.
Torus aposta firmemente polo I+D e a súa aplicación aos sectores máis competitivos, así como a valorización comercial de tecnoloxías disruptivas mediante a súa transformación en productos únicos. Torus está comprometida co progreso económico e social de Galicia, tendendo pontes entre o mundo académico e o empresarial, para o cal colabora intensamente coa OTRI da Universidade da Coruña e o CITIC.
Produtos:

Ramón Doallo Biempica
Juan Touriño Domínguez
Guillermo López Taboada
+34 981 167 000 ext. 1298
info@torusware.com
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000