aCore é unha empresa que se dedica ao desenvolvemento de sistemas informáticos de xestión a medida do cliente, de alta calidade e alto grao de innovación.
Afronta os seus proxectos de xeito integral, para o cal asume o control de todas as actividades e se apoia en socios especializados cando é necesario, con vistas a descargar canto for posible os clientes e facilitar a implantación de novos sistemas perfectamente integrados e cohesionados.
É unha empresa especialista na integración da tecnoloxía RFID (identificación por radiofrecuencia) que, en síntese, permite identificar e situar obxectos ou persoas e que se utiliza en aplicacións tan dispares como o control de accesos ou a realización de inventarios automáticos. Isto permítelle propoñer solucións innovadoras e deseñar procesos de implantación que garanten o éxito.
![]()
Juan Martínez Vázquez
Iago Fernández Meilán
881 927 189
605 213 772
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000