Lambdastream e unha empresa dedicada ao desenvolvemento de produtos e solucións de software para a Televisión Dixital Interactiva (Vídeo on demand, IPTV, Mobile TV, Internet TV, Corporate TV, Sinalización dixital, Marketing Dinámico, Streaming, almacenamento y distribución de contidos, etc.), e que ademais dispón de diversas plataformas tecnolóxicas no devandito ámbito, as cales son comercializadas por medio de subcontratación a nivel global. Participa, así mesmo, no desenvolvemento de produtos e aplicacións de última xeración tanto para o mercado de consumo como para o profesional, en relación ao fogar dixital conectado.
Nestes momentos Lambdastream conta cunha boa posición nos ámbitos da televisión persoal e interactiva tanto en España como en Europa e Oriente Medio, e pretende estender esta posición a Asia e América Latina.

Victor M. Gulías Fernández
Miguel Barreiro Paz
981 173 344
www.lambdastream.com
info@lambdastream.com
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000