Ilux Visual Technologies, SL

Ilux Visual Technologies é unha empresa que realiza o desenvolvemento de aplicacións de visualización interactiva de terreo 3D en que se integra información xeolocalizada desde diversas fontes e formatos actualizada en tempo real.

 

Os campos de actuación en que traballa inclúen a análise de proxectos de construción, a planificación de infraestructuras, a divulgación, a presentación de actuacións e, principalmente, a centralización nunha vista 3D de interfaces para sistemas de xestión de información xeolocalizada e actualizada en tempo real.

 

Así mesmo, dirixe e coordina actividades culturais e exposicións relacionadas coas novas tenoloxías, a animación 3D e os efectos especiais a través do Festival Internacional Mundos Digitales.

ilux

 
 
 
promotores

Luis Hernández Ibáñez
Manuel Meijide Ferreiro
Javier Taibo Pena
Lambdastream Servicios Interactivos SL.

contacto

981 167 000 ext. 5444

www.ilux.es
info@ilux.es

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000