Doibos ingeniería, SL

Doibos é unha consultora especializada en Enxeñería da Auga e Medioambiental especializada nas ferramentas de cálculo e simulación numérica.


Esta iniciativa xurde como resultado da experiencia en investigación aplicada e proxectos no Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente da UDC, no cal traballaron ou traballan todos os seus promotores. Especializámonos nos traballos relacionados coa enxeñería costeira, saneamento, enxeñería fluvial, análise de riscos (verquidos, rotura de presas, inundacións...) ou estruturas hidráulicas. Os membros do grupo contan con experiencia ampla no uso de diversas ferramentas de cálculo numérico, así como no desarrollo dalgunhas das mesmas. Cabe destacar a participación no desenvolvemento da aplicación Iber, así como en tarefas de formación coa mesma, sendo esta unha ferramenta con gran difusión no mundo da enxeñería hidráulica.


Doibos está orientado cara a realización de traballos especializados e de alta calidade para outras empresas e administracións. Aínda que os coñecementos no uso de software de simulación numérica constitúe a nosa marca distintiva, contamos con experiencia en traballo de campo, elaboración de proxectos, ofertas e informes e en programas de cooperación ao desenvolvemento, así como no uso das ferramentas informáticas habituais no campo da enxeñería hidráulica e civil (CAD, SIX, Matlab, orzamentos...) e con coñecementos de programación.

Doibos
 
 
 
promotores

Ignacio Fraga Cadórniga

Bruño Fraga Bugallo

contacto

http://doibos.com

 

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000