Connectical é unha empresa do sector TIC orientada á arquitectura, deseño e migración de sistemas, facendo énfase nos eidos da seguridade e da virtualización de servizos.
As nosas solucións están enfocadas a conseguir a máxima eficiencia dos sistemas implantados e baseadas na ampla experiencia do noso equipo humano no sector, proporcionando dende o servizo de deseño inicial ata o mantemento e o soporte dos sistemas. Somos especialistas en mantemento de todo tipo de sistemas UNIX.
Contamos con tres áreas especializadas segundo a natureza da solución que a súa empresa necesita, e desenvolvemos tecnoloxías propias baseadas en proxectos de investigación internos que nos permiten a maior flexibilidade e as características únicas que identifican a os nosos proxectos.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000