CRM SOLINTEC Ingeniería e Innovación S.L. se estrutura en dúas seccións: Oficina Técnica e Consultoría.
CRM - Ofcina Técnica nace para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i que poidan ser materializados en produtos de mercado e aplica a Enxeñaría Naval ao sector ocio. A súa filosofía é a direrenciación de produtos e procesos mediante mecanismos de protección industrial e cesión de know-how. Así mesmo, esta empresa ofrece unha ampla experiencia en proxectos de accesibilidade e dispositivos para a eliminación de barreiras arquitectónicas e naturais.
CRM - Consultoría aliméntase continuamente da oficina técnica, con resultados nos campos das auditorías tecnolóxicas e de sistemas de calidade (ISO 9001 e ISO/IEC 17020). As auditorías tecnolóxicas orientadas a PEME e organismos públicos permiten a correcta identificación de necesidades e oportunidades tecnolóxicas da entidade, así como a posterior diagnose e implantación de resultados mediante un Plan Tecnolóxico, co fin último dunha mellora competitiva real na posición de mercado baseada as máis das veces no correcto aproveitamentos dos activos con que xa conta.
![]()
Carlos Serrano Argüelles
Moisés Blanco Maceiras
669708240
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000