EMPRESAS DE BASE TECNOLÓXICA

spin-off UDC

 

A creación de empresas de base tecnolóxica de iniciativa universitaria, comunmente coñecidas como spin-off, estase consolidando como un novo mecanismo de transferencia do coñecemento xerado polos nosos grupos de investigación e resto da comunidade universitaria cara á sociedade. A través deste tipo de iniciativas a Universidade da Coruña asume un papel máis dinámico e activo no funcionamento do sistema de innovación.

E por isto que se desenvolveu o Regulamento de creación e recoñecemento de empresas da UDC. A través deste regulamento articúlase a creación e a posibilidade de participación por parte da UDC en empresas baseadas en coñecemento e resultados de investigación.

 

 

 
 
contacto

Javier Garrido

T: 881 01 2629

E: jgarrido@udc.es


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal