Este programa é unha iniciativa da OTRI da Universidade da Coruña. Preténdese que o proceso de transferencia sexa definido no cadro dunha estratexia a medio prazo de promoción comercial da oferta tecnolóxica, para o cal resulta necesario estruturar adecuadamente os grupos de investigación e propor mecanismos internos de actuación cara á procura de se colaborar con empresas e
institucións.
Obxectivos específicos do programa:
- Potenciar e sensibilizar o colectivo investigador en temas relacionados coa creación de valor a partir da súa actividade científica e coa transferencia dos resultados das súas investigacións.
- Identificar as capacidades dos grupos e as posibles tecnoloxías susceptibles de seren transferidas ao contorno socioeconómico.
- Estruturar os grupos e a súa estratexia a medio prazo para maximizar o potencial comercial dos seus resultados de investigación con base en transferencia de tecnoloxía e coñecemento.
- Explorar as vías de comercialización concretas para cada grupo e para as súas capacidades e tecnoloxías.
- Detectar novas tecnoloxías e produtos susceptibles de seren rexistrados ou de resultaren o xerme dunha empresa de base tecnolóxica.
- Elaborar unha estratexia de comercialización das capacidades e tecnoloxías dos grupos de investigación beneficiarios desta iniciativa que oriente os resultados do grupo cara ao mercado, co asesoramento necesario sobre a fórmula máis idónea (licenza de patentes, potenciación de servizos, creación de empresas de base tecnolóxica etc.).
- Presentarlles a carteira de capacidades e tecnoloxías aos potenciais clientes.