Panel de Innovacións Tecnolóxicas (INTEC)

O Panel de Innovacións Tecnolóxicas INTEC 2010 é unha iniciativa da OTRI da Universidade da Coruña que ten por obxectivo a procura de financiamento privado para desenvolver accións de I+D+i xerada polos grupos de investigación da UDC.


O persoal investigador da UDC pode presentar  calquera tecnoloxía desenvolvida que teña certo grao de madurez, aplicabilidade e oportunidade de mercado, e que precise de entidades privadas como promotoras, executoras ou financiadoras do proxecto.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000