Os seguintes cursos relacionados coa protección de resultados de investigación impartiranse nos meses de setembro e outubro 2013
Data: 19 de setembro (8 horas)
Lugar: Salón de actos do Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña.
Posibilidade de videoconferencia con Ferrol: Sala de videoconferencia do Edificio de Apoio ao Estudo, Campus de Esteiro
Duración: de 9:30 h. a 14:00 h e de 16:00 h a 19:30 h.
Docente: D. Pascual Segura Cámara, doutor en química pola Universidat de Barcelona, axente da propiedade industrial, director-cofundador do Centre de Patentes da Universitat de Barcelona, fundador e presidente da sección técnica do Colegio Oficial de Químicos de Cataluña.
Data: 2 e 3 de outubro
Lugar: Salón de actos do Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña.
Duración: 16 horas, de 9:30 h a 14:00h e de 16:00h a 19:30 h
Docente: D. Pascual Segura Cámara, doutor en química pola Universidat de Barcelona, axente da propiedade industrial, director-cofundador do Centre de Patentes da Universitat de Barcelona, fundador e presidente da sección técnica do Colegio Oficial de Químicos de Cataluña.
Data: 16 outubro (6 horas)
Lugar: Salón de actos do Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña.
Duración: 6 horas, de 10:00 h a 14:00h e de 16:00h a 18:00 h
Docentes: Técnicos da Oficina Europea de Patentes e da axencia de propiedade industrial ZBM Patents and Trademarks.
Data: 29 e 30 de outubro (10 horas)
Lugar: Salón de actos do Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña.
Duración: 6 horas, de 10:00 h a 14:00h e de 16:00h a 18:00 h
Docentes: Técnicos da axencia de propiedade industrial ZBM Patents and Trademarks.
Matrícula gratuíta. O prazo de inscrición de cada curso estará aberto ata o día anterior á realización do curso.
Para formalizar a inscrición deberase acceder ao seguinte enlace.No boletín de inscrición deberase indicar o grupo de investigación ao que pertence. Persoa de contacto para a inscrición: Silvia Sánchez, Fundación Universidade da Coruña, extensión 4458.
Inscricións por orde de chegada. Priorizarase a inscrición dunha persoa por cada grupo de investigación da UDC.
Estes cursos terán o recoñecemento a efectos de acreditación dentro dos programas de formación docente.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000