
Cada vez adquire maior relevancia a realización de actividades de innovación e a transferencia dos resultados xerados na Universidade hacia as empresas para contribuir a desenvolvemento económico e social do entorno.
Co obxectivo de facilitar aos investigadores da Universidade da Coruña o coñecemento sobre os diferentes aspectos e mecanismos de colaboración e de transferencia dos resultados da súa investigación ás empresas organízase este programa completo de formación específica sobre diferentes aspectos relacionados coas seguintes temáticas:
Para a presentación deste programa e para responder ás dúbidas que suscite, e que poidan dar lugar a melloras neste, programáronse unha serie de reunións informativas, as primeiras das cales se celebrarán o próximo día 10 de xuño (luns) nas facultades de Ciencias (10 h) e de Economía e Empresa (11 h). O mércores 12 de xuño presentarase no campus de Esteiro (Ferrol). A presentación oficial realizaraa o vicerreitor de Investigación e Transferencia, e contará coa presenza de representantes do resto de instancias promotoras.
Nesta reunión farase tamén a presentación do cuadernillo "A universidade coa empresa: cuestións básicas sobre transferencia de tecnoloxía na Universidade". Descargar o cuadernillo en pdf
Poderán programarse outros bloques para complementar estes cursos.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000