Trátase da elaboración dunha ficha por cada grupo de investigación con ideas básicas sobre os sectores de actividade nos que traballa e casos representativos que poidan dar unha idea da colaboración que o grupo pode ofrecer ás empresas.
Para iso é preciso que remitan á OTRI antes do vindeiro día 19 de xullo por correo electrónico (ucotri@udc.es) a información sobre o seu grupo de investigación seguindo un dos dous modelos de fichas que se xunta. É preciso que sigan as instrucións especificadas no ficheiro: caracteristicas.jpg en canto a caracteres máximos, tamaño e número de imaxes.
Deberán enviar:
- o texto a incluir na ficha do seu grupo de investigación. Deberá envialo nun ficheiro Word (cumprindo o número de caracteres e especificando a que apartado corresponde cada texto)
- as imaxes co tamaño especificado no formato orixinal, cada unha por separado. Trátase de 3 fotos sobre casos representativos e fotos individuais dos membros do grupo de investigación
- deberán especificar en que modelo de plantilla prefire que se edite a ficha do seu grupo (modelo A ou B)
Se precisan máis información poden poñerse en contacto con esta oficina.
Difusión da actividade de transferencia grupos UDC
Con tres casos de éxito:
Con catro casos de éxito:
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000