A UDC presente na I Feira "Estudiar en España" en Marruecos

A Vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre, e a Directora da Oficina de Relacións Internacionais acudiron, en representación da UDC á I Feira “Estudiar en España”, celebrada entre o 3 e 7 de abril de 2017 en Casablanca y Tanger.
O obxecto da feira é o fomento do coñecemento mutuo de institucións españolas e marroquís, ampliando a marxe de crecemento nas relacións, tanto en número de estudantes de grao e posgrado, como en proxectos de colaboración científica por razóns de afinidade lingüística, cultural e campos de interese na investigación.

 foto

 

 

Durante a súa estadía as representantes da UDC reuníronse, entre outros, co Embaixador de España en Marruecos, o Secretario de Estado de Educación en Marruecos, o Director Xeral do SEPIE e o Conselleiro de  Educación da Embaixada de España en Marruecos.