Escola Técnica Superior de Arquitectura
de A Coruña,condicións para a participación
en programas de intercambio.
Os programas de intercambio van dirixidos a aqueles estudantes
que cumplan cos requisitos mínimos esixidos , estén
interesados en cursar o carto ano da carreira noutra escola
de arquitectura europea.
INSCRIPCIÓN
A convocatoria dos programas é anual, e realizarase
según os prazos indicados polos organismos convocantes.
ASIGNATURAS DE PRIMEIRO CICLO SUPERADAS
Os/as estudantes interesados deben ter completo o primeiro
ciclo da carreira na última convocatoria de decembro
anterior ó curso de partida(primeiro ciclo=180 créditos).
Primeiro Curso Créditos Segundo Curso Créditos
106 Proxectos 1 9 201 Proxectos 2 21
107 Construcción 1 9 203 Construcción 2 15
104 F. Físicos I 7,5 204 Estructuras 1 12
109 F. Físicos II 7,5
101 I. Arquitectura 9 202 Historia Arte 9
103 Debuxo 1 15 206 Debuxo 2 15
102 Xeometría Desc. I 7,5
108 Xeometría Desc. II 7,5 205 Urbanismo 1 9
105 F. Matemáticos I 9
110 F. Matemáticos II 9 Libre configuración
9
Total 90 créditos Total 90 créditos
CONDICIÓNS PREVIAS PARA A CONVALIDACION DE ASIGNATURAS
As normas de matrícula da UDC son as mesmas aplicables
ós alumnos en programas de intercambio.O alumno necesita
ter superado o 33% do curso para matricularse do curso seguinte.Non
se poden convalidar asignaturas nas que as chaves non figuren
aprobadas previamente no expediente do estudante da ETSA.Non
se poden convalidar asignaturas nas que o alumno xa houbera
estado matriculado na ETSA e que figuren suspensas no expediente.Podense
cursar asignaturas para convalidar como Créditos
de Libre configuración.Unha vez superada ou aprobada
a asignatura de libre configuración no centro de
destino, solicitarase o seu recoñecemento por créditos
mediante a correspondente solicitude.O alumno so pode solicitar
o recoñecemento de libre configuración por
asignaturas que se imparten na escola de destino e que teñan
un temario no que non se corresponda con ningunha materia
do plan de estudos da ETSA A coruña.
Para aqueles estudantes que se inscriban nun dos programas
de intercambio, a ETSA desaconsexa matricularse das asignaturas
soltas e de distintos cursos, sen que ísto vaia en
detrimento da normativa de matrícula vixente para
os alumnos da Universidade da Coruña a cal terá
que adaptarse ós estudantes.Esta práctica
non é habitual nas escolas de acollida e ocasiona
serios trastornos á hora de integrar nosos alumnos
dentro da organización académica de ditas
escolas.
Recomendase que o estudante confeccione unha táboa
de convalidacións adaptada tanto ó plan de
estudos da ETSA como ó da universidade de acollida
e orientada á convalidación das asignaturas
do 4º curso da ETSA Coruña.A ETSA non garantiza
a convalidación de asignaturas soltas e de distintos
cursos.
Poderase convalidar un máximo de asignaturas equivalente
ó 4º cruso da ETSA ou, no seu defecto un número
parcial de asignaturas superior ó 50% do 4º
curso da ETSA.
A ETSA esixe ós seus estudantes que realicen estudos
exclusivamente nas Escolas de arquitectura coas que oclaboramos
e que adapten os seus Cadros de Convalidacions ó
plan de estudos de ditas escolas.Dado que a convalidación
require asignaturas de contidos, duración e periodicidade
nas carreiras similares, ésta non se poderá
dar en aqueles casos nos que os alumnos non cumplan estos
requisitos de equivalencia.Para facilitar ó estudante
as posibles convalidacións que pode realizar confeccionouse
unha táboa de equivalencias entre cursos e asignaturas
das distitnas escolas.Toda a información sobre as
escolas de acollida encóntrase disponible na Biblioteca.
Recomendase realizar o quinto ano de carreira na ETSA Coruña
.O PFC é obligatorio realizalo na ETSA Coruña
se o estudante desexa titularse pola Universidade da Coruña.