Programa Tempus

Programa Tempus (enlace á web da UE)

A través do programa Tempus IV, a Unión Europea pretende facilitar a cooperación no ámbito da educación superior entre os seus estados membros e os países socios do seu entorno. Creado en 1990, despois da caída do Muro de Berlín, abarca a maioria dos países do Norte de África, do Oriente Medio, de Asia Central, de Europa do Este e dos Balcanes. O programa promove a cooperación multilateral entre institucións, autoridades e organizacións de educación superior, centrándose na reforma e modernización da educación superior.

Os dous instrumentos de cooperación previstos na primera convocatoria do programa Tempus IV son:

  • Proxectos conxuntos (JP): Adoptan un enfoque ascendente e están encamiñados á modernización e reforma a nivel institucional (universidades). Os proxectos conxuntos teñen como obxecto a transferencia de coñecementos entre universidades, organizacións e institucións da UE e dos países socios, así como entre entidades dos países socios, cando proceda.
  • Medidas estructurais (SM): Tratase de proxectos con un enfoque descendente. Con estas medidas estructurais pretendese contribuir a desenvolver e a reformar os sistemas de educación superior dos países socios, así como a mellorar a súa calidad e pertinencia e a potenciar a súa converxencia cós avances introducidos na UE. As medidas estructurais concretaranse en intervencións destinadas a apoiar a reforma estructural dos sistemas de educación superior e a elaboración do marco estratéxico a nivel nacional.

6ª Convocatoria (2013)

5ª Convocatoria (2012)

A 5ª Convocatoria do programa europeo de cooperación institucional universitario TEMPUS promove a modernización dos sistemas de educación superior de 27 países da Unión Europea y dos Balcanes occidentais, Sur do Mediterráneo, Este de Europa, Rusia e Asia Central. A duración dos proxectos será de 24 a 36 meses e a financiación entre 500.000 € e 1.500.000 € por proxecto concedido.

Consulte máis información: