I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes da UDC

Para a transformación no ámbito da igualdade de xénero, na UDC dispoñemos de dúas ferramentas fundamentais, o Plan de igualdade entre mulleres e homes (I PIMH) e o Protocolo para a prevención e protección fronte ao acoso sexual e acoso por razón de sexo; ábolos dous aprobados na sesión do Consello de Goberno do 26 de novembro de 2013.

O IPIMH elaborouse sobre a base dun diagnóstico rigoroso sobre a situación real en todos os eidos (alumnado, profesorado, PAS, docencia, investigación, xestión…) que nos permitiu confeccionar un plan de igualdade, moi participativo na súa redacción, para lle dar un novo impulso institucional á política de igualdade.

No marco do I PIMH sinálase a necesidade de adoptar medidas tendentes á prevención e eliminación de calquera manifestación de violencia de xénero ou acoso que poida producirse no eido da universidade.

É por tal motivo que se procedeu á elaboración de un protocolo de actuación, co obxecto de implantar unha política específica a sobre violencia de xénero a través da formación, a información e a sensibilización de todos os membros da comunidade universitaria, así como de poñer en marcha os mecanismos precisos para tramitar, e no seu caso resolver, as reclamacións ou denuncias presentadas polas vítimas coas debidas garantías.