A Oficina para a Igualdade de Xénero

A creación da Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX), arestora adscrita á Vicerreitoría de Ferrol e Responsabilidade Social foi aprobada na sesión do Consello de Goberno do 14 de decembro de 2006 e a OIX leva en funcionamento desde o día 10 de marzo de 2007. A UDC adiantouse á obriga imposta pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que introduce na Lei orgánica de universidades (LOU) unha disposición adicional duodécima na cal, baixo a rúbrica “Unidades de igualdade”, se sinala que “As universidades contarán entre as súas estruturas de organización con unidades de igualdade para o desenvolvemento das funcións relacionadas co principio de igualdade entre mulleres e homes”