I CONCURSO DE TRABALLOS ACADÉMICOS CON PERSPECTIVA DE XÉNERO: ANGELES ALVARIÑO

AngelesAlvarinho

 

A Oficina para a Igualdade de Xénero convoca o I Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero “Angeles Alvariño” co obxecto de incentivaren a realización de traballos que inclúan a perspectiva de xénero por parte do alumnado de graos, mestrados e títulos sen adaptar ó EEES e contribuíren, deste xeito, a promover a introdución da perspectiva de xénero na investigación e a docencia. En este concurso contémplanse tres modalidades distintas: Traballo fin de grao, Traballo fin de mestrado e Traballo fin de carreira.
ORZAMENTO
Para a concesión destes premios destinarase un total de 2500 euros con cargo á partida orzamentaria 0900440003-422D-48008
BASES
1. Participantes. En esta primeira convocatoria poderán presentarse os traballos fin de grao, fin de mestrado ou fin de carreira (proxectos fin de carreira e tesinas) que se defenderan nos tres últimos cursos, dende o 2010/2011 até o 2012/2013 ámbolos dous incluídos, en calquera das titulacións oficiais de grao, mestrado e títulos sen adaptar ó EEES impartidas na Universidade da Coruña en ditos cursos.

2. Documentación que se deberá presentar.

  • A solicitude debidamente cuberta que se inclúe como Anexo I
  • Unha copia do traballo en soporte dixital.
  • Un resumo de un máximo de 500 palabras no que se fagan constar os aspectos máis relevantes do traballo desde o punto de vista da perspectiva de xénero.
  • Unha fotocopia do DNI.

3. Lugar e Prazo de presentación. A documentación entregarase, dirixida á Oficina para a Igualdade de Xénero, nos rexistros da universidade na Coruña e Ferrol:

  • Rexistro Xeral: Reitoría, A Maestranza, 15001, A Coruña
  • Rexistro Auxiliar de Elviña: Casa do Lagar. Campus de Elviña, 15192, A Coruña
  • Rexistro Auxiliar de Ferrol. Edificio de Apoio ao Estudo. Campus de Esteiro, 15403, Ferrol

O prazo de presentación de traballos permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata as 14h do 25 de setembro de 2013.

4. Premios. O Xurado seleccionará os dous mellores traballos de cada modalidade, tendo en conta entre outros aspectos, a la relevancia e orixinalidade da súa temática e aportacións, a calidade do traballo e a dificultade da súa realización. As cuantías dos premios serán:

  • Traballo fin de grao: 350 €
  • Traballo fin de mestrado: 450 €
  • Traballo fin de carreira: 450 €

Os premios están suxeitos á normativa que rexe os impostos das persoas físicas. Se o xurado o estimase conveniente poderá deixar algúns ou todos os premios desertos. No primeiro caso a dotación correspondente a estes integrarase nas restantes modalidades.

5. Xurado. O xurado estará presidido pola Vicerreitora de Ferrol e Responsabilidade Social ou persoa en quen delegue e del formarán parte –con voz e voto- 4 membros do PDI de diferentes áreas de coñecemento e a Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero (que actuará como secretaria). Os membros do xurado non poderán ter dirixido ou titorizado ningún dos traballos que se presenten ao concurso. O xurado resolverá todas as cuestións non reflectidas nesta convocatoria e que puideran suscitarse. A súa decisión será firme e inapelable
 

A participación no I Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Angeles Alvariño comporta a aceptación expresa de estas bases.

 

logos_oix_sxi_fse


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000