logo_afix

A Aula de Formación para a Igualdade de Xénero (AFIX) configúrase como un espazo de formación para levar cabo as accións previstas no I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes da UDC (I PIMH) aprobado no Consello de Goberno do 26 de novembro de 2013.
A AFIX pretende dar resposta ou mellorar o coñecemento sobre que é e que significa a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, integrándoa na aplicación práctica do día a día da universidade tanto non ámbito persoal, coma na actividade docente, discente e do persoal de administración e servizos.
As actividades formativas que se ofertan abranguen cursos, conferencias, seminarios ou xornadas co fin de dar cumprimento ás acción previstas nos 5 eixes de actuación do I PIMH:
• Promoción da igualdade, responsabilidade social e goberno
• Integración da perspectiva de xénero na actividade docente e investigadora
• Condicións de traballo, política de persoal e formación
• Comunicación, difusión e relacións institucionais
• Prevención da violencia de xénero en todas as súas manifestacións