




Descarga o calendario de formación 2013
Para levar a cabo os proxectos da OCV, é parte fundamental a formación integral das persoas no tocante a temáticas vinculadas á educación para o desenvolvemento, inmigración, exclusión social etc. do voluntariado como unha ferramenta esencial. Para elo realizamos:
- Formación básica: cursos de introdución ao voluntariado, onde se tratan aspectos como o concepto de voluntariado, as súas motivacións e actitudes do voluntariado, a lexislación, a ética e a confidencialidade, etc.
- Formación específica. Cursos monográficos sobre as diferentes áreas de voluntariado en que colaboramos. Algúns deles son: habilidades sociais, menores en risco de exclusión social, animación hospitalaria, inmigración e cooperación...
- Seguimento personalizado baseado no acompañamento formativo do voluntario por parte das persoas con máis experiencia.
A formación impártese nos meses de outubro a abril, posto que o obxectivo é formar ao voluntariado que participa nos proxectos que se levan a cabo no curso académico.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000