




Segundo a Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, a cooperación ten os seguintes obxectivos:
a) Apoiar os países con menor grao de desenvolvemento e aqueloutros que conteñan amplas capas da súa sociedade en extrema situación de necesidade e desestructuración para que acaden un desenvolvemento autosostido, respectuoso co medio e a biodiversidade e mobilizador de recursos endóxenos.
b) Potenciar os recursos humanos e materiais deses pobos.
c) Contribuír á xustiza e á equidade nas relacións comerciais, políticas e estratéxicas na comunidade internacional.
d) Atender as situacións de emerxencia das poboacións máis desfavorecidas que requiran da cooperación externa, tanto mediante axuda humanitaria coma mediante accións dirixidas á reconstrucción e ó restablecemento institucional.
e) Impulsar e promover a participación social e cidadá nas accións de cooperación para o desenvolvemento, así como fomentar a educación para o desenvolvemento e a sensibilización da sociedade galega nas realidades dos pobos máis desfavorecidos.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000