Día internacional da muller

O día 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, e a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC vén de preparar unha serie de actividades centradas no papel da muller na sociedade actual para conmemoralo:

-Un novo programa de voluntariado en educación para o desenvolvemento que pretende sensibilizar á comunidade universitaria en cuestións de dereitos humanos, desenvolvemento humano sustentable, igualdade de xénero, etc.

-En colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero da UDC farase unha homenaxe a todas aquelas mulleres que traballaron e traballan nos distintos eidos da ciencia, a cultura, a tecnoloxía ou a arte cunha exposición sobre algunhas das figuras máis salientables de entre elas, que se situará en distintas bibliotecas dos campus da Coruña e de Ferrol:

-Paralelamente, o día 11 levaremos a cabo actividades lúdicas na Coruña, no campus de Bastiagueiro, no Hall da Facultade de INEF entre as 11:00 e as 13:30 da mañá

 A través de xogos divertidos e interactivos, o voluntariado chamará a atención da comunidade universitaria sobre a importancia da súa participación como cidadanía activa na demanda da igualdade de xénero, e pretendemos contar co apoio do profesorado da UDC para que anime ao estudantado a participar activamente.

Achégate e participa!


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000