A OCV participa nun Proxecto Erasmus Mundus sobre Economía Social

A través do Proxecto “Consolidando os Estudos e Práctica sobre Economía Social e Capital Social en Educación Superior", enmarcado dentro do Programa Erasmus Mundus, a Oficina de Cooperación e Voluntariado contribuirá a desenvolver unha singular investigación a nivel autonómico , onde os obxectivos xerais son os que seguen:

Obxectivos xerais

- Desenvolver estratexicamente a calidade e o atractivo da economía social e o capital social (ES e CS) nos estudos de ensinanza superior en Europa en base á experiencia e coñecemento doutros lugares.
- Promover a comprensión da epistemoloxía e práctica en ES e CS entre investigadores e profesores de educación superior.
- Promover unha cooperación estructurada entre as institucións de educación superior en Europa, América Latina e África.
- Promover o diálogo intercultural e a comprensión mutua entre o profesorado de educación superior no ámbito xeográfico do proxecto.

Acceso á web do proxecto
 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000