Campus: A Coruña
Lugar: As cafetarías de todos os centros
Data: 18 de febreiro - 22 de febreiro
A Oficina de Cooperación e Voluntariado e a Oficina de Medio Ambiente da UDC, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas, levaron a cabo unha campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas máis desfavorecidas da provincia da Coruña.
Desde o día 18 de febreiro até o día 4 de marzo nas cafetarías de todas as facultades dos campus de Elviña e Zapateira recolléronse un total de 1671 kg de alimentos non perecedoiros.
Desde a Oficina de Cooperación e Voluntariado e a Oficina de Medio Ambiente da UDC gustaríanos agradecer a inestimable colaboración de todas as persoas que contribuíron a que esta campaña fose posible.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000