Se tes entre 18 e 30 anos podes participar neste proxecto coa ONG Ecos do Sur.
"The Green Path” é un intercambio xuvenil trilateral promovido pola ONGd Ecos do Sur, realizado en consorcio con 2 entidades: Pronexus (entidade social da rexión de Calabria-Italia) e Centro de Estudos e Formação Profissional Diogo Dias Melgaz (entidade educativa da rexión do Alentejo-Portugal). No intercambio participarán 30 xóvenes (entre 18-30 anos) que analizarán a conciencia ambiental das zonas do rural galego recorrendo o Camiño de Santiago (Camiño portugués).
“The Green Path” consistirá nunha análise da “conciencia ambiental" nas zonas rurais de Galicia polas que discorre o Camiño de Santiago (Camiño portugués). Os participantes compartirán durante 7 días a experiencia de realizar o camiño de Santiago de Compostela, que combina á vez aventura, cultura, espiritualidade, paisaxe e deporte. Cun obxectivo común: fomentar o respeto polo trato ó medioambiente, mediante a posta en práctica de comportamentos e habilidades “verdes” entre xóvenes de distintos países; o que aporta un valor engadido aos múltiples beneficios que reporta a realización do Camiño de Santiago.
A ruta levarase a cabo en seis etapas que comprende a parte española do camiño de Santiago portugués (dende Tui ata Santiago de Compostela), un total de 114 Km (para obter a “Compostela”) do 3 ao 9 de setembro.
Máis información no teléfono 981.150.118 (Preguntar por Alicia)
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000