Cooperación en voluntariado local e internacional. Claves para dar o paso

Campus: A Coruña

Lugar: Salón de graos da Facultade de CC. da Educación

Data: 20 de abril

Horario: De 16:00 a 20:30

Estas xornadas están financiadas pola convocatoria de EpD, sensibilización e participación social da OCV.

Programa

16:00: presentación das xornadas por Dª Cecilia Vázquez, Directora Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta e por D. Manuel Peralbo, Decano da Facultade de CC. da Educación.

16:10- 16:25 Actividades de voluntariado propostas pola Universidade. Posibilidades de voluntariado e Axudas para voluntariado internacional dende a UDC. Lorena Rilo Pérez. Técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC. .


16.30-17: 00. O voluntariado en India. Jordi Gilabert, biólogo, licenciado en filoloxía inglesa e recén chegado da India, a onde regresará en breve, para seguir coas suas clases de inglés a persoas con diversidade funcional.


17:05-17:20. Voluntariado internacional médico e a súa problemática. Rosa Arroyo. Oftalmóloga. Vicepresidenta do Colexio de Médicos da Coruña, con experiencia en voluntariado internacional ( África, Asia, Sudamérica... ).


17.25- 17.50. Avances, experiencias internacionais. Orientación a asistentes.Vivi Fraga López, experimentada voluntaria internacional en India, África. Luis Álvarez, director de 'Colores de Camerún', e con amplia experiencia en cooperación e voluntariado internacional en Sudamérica, África.


Descanso (18.00-18.30)

 

18.35- 18.50. Financiación de Ong. Diferencias e semellanzas cunha empresa privada, e como inflúe positivamente o apoio a ongs, para unha empresa. José Ramón Molinero Saenz. Licenciado en CC Económicas e Empresariais pola Universidade de Navarra, con máis de 20 años de experiencia na financiación e posta en marcha de proxectos empresariais.

 

18.55-19.35 A revolución India. Lancy Dodem. Primeiro apadrinado de Vicente Ferrer e portavoz da Fundación Vicente Ferrer en España.

19.40-20.00-Cooperación internacional dende a Arquitectura. Rubén Fernández Prado. Profesor da UDC con experiencia en cooperación internacional.

20.05-20.20. Trámites legais, normativa e problemática para constituír unha ong con sede en Galicia, de cooperación internacional ou non. Experiencia en India dende o punto de vista dunha muller extranxeira. M. Teresa Vila Paz. Abogada, voluntaria dende fai 25 anos en España e India e Presidenta da Escola Shantidi

 

Preinscrición