Cooperación e axuda ao desenvolvemento: cultura e acción

Campus: Ferrol

Lugar: Sala Carlos III do Exponav

Data: 19 de maio

Horario: de 9:00 a 19:00

Esta xornada está organizada pola Cátedra Jorge Juan, en colaboración coa Oficina de Cooperación e Voluntariado.


Programa do venres 19 de maio

9:00 Recepción das persoas asistentes

9:20 Apertura da xornada. Alfonso Vallés Sales e Julio Abalde Alonso

9:30 Razóns Éticas e prácticas para non acabar por completo coa cooperación española. Gonzalo Fanjul. Director de ISGLOBAL

9:55 Unha gota de esperanza nunha gota de carencias. Waldo Fernández Ramos. Coordinador de proxectos para Centroamédica e o Caribe de Mans Unidas.

10:20 Operación Sophia. Domingo Gómez-Pamo y Guerra del Río. Estado Maior da Armada

11:00 Mesa redonda cos relatores anteriores.

11:20 Descanso

11:50 AECID: Marco e perspectivas da cooperación internacional para o desenvolvemento. F. Javier Jiménez de Gregorio. Vogal asesor do gabinete técnico da AECID.

12:15 Medicina e causa humanitaria. Pedro Carlos Cavadas Rodríguez. Ciruxán do Hospital "La Fe" de Valencia.

13:05 Xantar.

15:00 Visita ao museo Exponav

16:00 A Cooperación Internacional de Cáritas: Visión e Acción da nosa experiencia. Graciela Rico Pérez. Cáritas Internacional

16:25 El índice ElCano de presencia Gobal. Manuel Gracia Santos. Investigador do Real Instituto ElCano.

16:50 Mesa redonda relatores anteriores.

17:10 A Axenda 2030 e os ODS. Novos modelos de colaboración. Paloma Durán. Directora do Fondo de Nacións Unidas para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

17:25 Descanso

17:40 Tecnoloxía, ciencia e innovación en favor da axenda 2030 e os ODS. Carlos Mataix Aldeanueva. Director do Centro de Innovación en tecnoloxía para o desenvolvemento Humán da Universidade Politécnica de Madrid.

18:30 José Manuel Rey Varela. Conselleiro de Política Social, Xunta de Galicia.

 

O prazo de preinscrición remata o luns 15 de maio.

Para asistir ao evento a preinscrición é obrigatoria. As prazas confirmaranse a través do correo electrónico por rigoroso orde de preinscrición ate completar o aforo.

Durante o xantar, haberá a posibilidade de que as persoas asistentes reserven un menú de comercio Xusto que xestionará a ONGD Solidariedade Internacional. En caso de querer facer a reserva deberá enviar un correo a:

tenda.coruna@solidaridadgalicia.org, indicando no asunto: reserva comida 19 de maio.

Menú de comercio Xusto