XIII Xornada Inmigración e Interculturalidade

O vindeiro 8 de novembro, celebraremos a XIII Xornada de Inmigración e Interculturalidade, co título "Mobilidades Humanas, Comunicación e Dereitos Humanos" na facultade de Dereito do campus de Elviña.

Na dita xornada, abordaranse as distintas realidades que viven e sofren migrantes e refuxiadas no estado español, dende un ton de denuncia de vulneracións de dereitos humanos, mais tamén ofrecendo outras visións positivas do traballo desenvolvido na defensa das persoas migrantes e da interculturalidade.

Entrada de balde

 

Programa

 Cartel inmigracion e interculturalidade_foto_DEFINITIVO