III Convocatoria de EpD, Sensibilización e Participación Social

Por terceiro ano consecutivo, lanzamos a Convocatoria de Educación ao Desenvolvemento, Sensibilización e Participación Social para a comunidade universitaria (PDI, PAS e estudantado) da UDC, co obxectivo de apoiar aquelas actividades desenvolvidas por aquela, cuxo fin sexa darlle pulo aos valores de cidadanía global na Universidade, que impulse un novo modelo humano comprometido activamente na consecución dun mundo máis sostible e equitativo, que valore e respecte á diversidade cultural, que promova o consumo responsable, que se comprometa coa erradicación da pobreza e as desigualdades, así como a defenda os Dereitos Humanos individuais e sociais.

O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o vindeiro 4 de marzo.

 

Acceso á Convocatoria

 

Información de interese

Formulario de solicitude