Oficina Cooperación e Voluntariado

Imaxe Final

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Oficina de Cooperación e Voluntariado depende actualmente da Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación e xestiona, coordina e potencia os eidos do voluntariado social e da cooperación ao desenvolvemento na universidade e no seu contorno de influencia.

A OCV naceu no ano 1996 como resposta ás necesidades do estudantado con discapacidade física matriculado na UDC. Co tempo foron xurdindo novos programas de voluntariado e novas colaboracións en diferentes eidos. No 2003, iniciouse o traballo en cooperación e en educación para o desenvolvemento, abrindo así novas canles de participación á comunidade universitaria. Os pilares fundamentais nos que se sustenta a OCV son o voluntariado, a cooperación ao desenvolvemento e a formación en educación para o desenvolvemento.índice

Memoria de actividades ano 2012                                              

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000