CARTEL

CURSOS DE VERÁN 2013

PROGRAMA

 

FACENDO A CIENCIA ACCESIBLE A TRAVÉS DA DIVULGACIÓN

 

3 e 4 de xullo

Horas de duración: 20

Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir. Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1

Titulacións de graos. Segundo o acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012 sobre a Normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos graos da UDC: Aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1 crédito por cada curso, ou no caso dos obradoiros, cando estes foren de 20 ou máis horas lectivas.

 

 

 

Coordinación:

Dirección: Mª. Inés García Seijo.

Secretaría: Carlos Platas Iglesias

Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido 30 €

 

Aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de bacharelato e formación profesional; profesorado universitario de secundaria e de formación profesional; pensionistas, persoas desempregadas e comunidade universitaria da UDC.

 

Prazo de matrícula:

Do 16 de maio ata o 30 de xuño (só en liña)

 

Información:

IES Monte Castelo.

Dpto. Física e Química.

R. Os Matos s/n

Tel. 982 580 889

mainesgs@edu.xunta.es

 

Lugar de realización:

Salón de Plenos do Concello de Burela

R/Eijo Garay, 20

27880 Burela

Resumo do curso:

Este curso pretende ser un foro de formación, reflexión e debate arredor de diferentes temas científicos de actualidade, abordados todos eles cun enfoque divulgativo. A sociedade en xeral poderá acceder á neurociencia, á química que nos rodea, ao descubrimento do Bosón de Higgs ou a utilidade das matemáticas sen que precise dun alto nivel de formación específica. Divulgar a ciencia é a forma de facela cercana e de que chegue ás cidadás e aos cidadáns que, en moitos casos, necesitarán ter opinión sobre cuestións científicas que lles desperten interese e curiosidade e, ás veces, temor por descoñecemento. É tamén o xeito de que o alumnado sinta o desexo de aproximarse á ciencia e de que o faga de maneira amena e rigurosa.