CURSOS DE VERÁN 2013

PROGRAMA

 

DESEÑO E XESTIÓN DE PROXECTOS DE CONSERVACIÓN A NIVEL LOCAL

 

2, 3, 4 e 5  de xullo

Horas de duración: 23

Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir. Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1

Titulacións de graos. Segundo o acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012 sobre a Normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos graos da UDC: Aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1 crédito por cada curso, ou no caso dos obradoiros, cando estes foren de 20 ou máis horas lectivas.

 

 

 

Coordinación:

Dirección: Soto Castiñeiroa, Manuel

Secretaría: Rodríguez Lafuente, María

Dirixido a todo o público interesado na problemática ambiental con aplicación no nivel local.

 

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 €

Aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional;pensionistas ;persoas desempregadas e comunidade universitaria da UDC.

 

Prazo de matrícula:

Do 16 de maio ata o 30 de xuño (só en liña)

 

 

Información:

Oficina de Medio Ambiente. Ed. Xoana Capdevielle. Campus de Elviña-A Coruña

Tel. 981 167 000 ext. 5688 e 7769    oma@udc.es

http://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/actualidade/

 

 

Lugar de realización:

Facultade de Ciencias

Campus da Zapateira (A Coruña)

Resumo do curso:

Abórdase a problemática do medio natural con especial atención á conservación no ámbito local. Trátase en particular dos instrumentos legais e das estratexias de conservación e da elaboración e deseño de programas de conservación. En máis detalle abórdanse as iniciativas e experiencias de custodia do territorio e a participación socail para a conservación da biodiversidade. Realizaranse visitas á actuacións no campus da UDC e a dous proxectos de custodia e conservación marítima e terrestre prioneiros en Galicia.