![]()
|
|
|
|
|
|
|
CURSOS DE VERÁN 2013 |
|
|
SEMINARIO
"MEDIOS, COMUNICACIÓN E PODER" |
||||
|
|
||||
|
16, 17, 18 e 19 de setembro |
||||
|
Horas de duración: 20 |
||||
|
Recoñecemento
académico |
||||
|
Titulacións a extinguir. Número de
créditos de libre elección para alumnos da UDC 1 |
||||
|
Titulacións de graos. Segundo o acordo do
Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012 sobre a Normativa mediante a que se
establece o procedemento para o recoñecemento académico de
créditos por participación en actividades universitarias nos
graos da UDC: Aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer
créditos pola participación en cursos de verán oficiais
da UDC: 1 crédito por cada curso, ou no caso dos obradoiros, cando
estes foren de 20 ou máis horas lectivas. |
||||
|
|
|
|
||
|
Coordinación: Dirección: Fernández
Suárez, Belén Secretaría: Pérez
Caramés, Antía Iniciativa na que colabora a
organización: "Galiza, Ano Cero” |
Prezo: Prezo público xeral: 50
€ Prezo reducido: 30 € Aplicable a estudantes de calquera
universidade ou en estudos de formación profesional;pensionistas
;persoas desempregadas e comunidade universitaria da UDC. Prazo de matrícula: Do 16 de maio ata o 10 de setembro |
Información: Facultade de Socioloxía,
Campus de Elviña. Tel. 981 167 000 ext. 4817 Lugar de realización: NORMAL Espazo de Intervención Cultural, Paseo de
Ronda, 47, |
||
|
Resumo do curso: |
||||
|
Un dos
elementos singularmente caracterizadores da época presente é a
imbricada e poderosa relación que se da, na que hoxe damos en chamar
Sociedade da Información, ao fio da tríada
comunicación-medios-poder. A centralidade política e social e a
complexidade do vínculo entre o que entendemos como Cuarto poder, e os
mecanismos de dominación e gobernanza, vive un momento caracterizado
polas profundas transformacións que acompañan a acelerada
introducción na sociedade das novas tecnoloxías da
información e da comunicación (TIC) coas Redes Sociais á
cabeza. Ollando para as alteracións nos mecanismos de creación
de hexemonía no imaxinario cultural e para as fendas que abre a
viralidade da información en rede poderíamos preguntarmonos, se
vivimos unha época de cambios, ou un cambio de época? A este
respeito, o desafio por identificar e comprender o alcance real das
mutacións en curso no nexo entre comunicación e poder trae hoxe
ao seu carón diversas disciplinas. Elementos que nacen na
socioloxía, a pedagoxía, o xornalismo, a comunicación
audiovisual, a ciencia política, a filosofía, ou a
filoloxía compoñen o calidoscópico crebacabezas que nos
permite desentramar que elementos están en xogo baixo a binomio
comunicación-poder. O noso obxectivo principal con este curso e
dotármonos de nocións guía coas que desvelar cal poden
ser hoxe as ferramentas precisas para a comprensión dos mecanismos de
creación de consenso, disenso ou lexitimidade no universo da
infoesfera e do sistema-mundo contemporáneo |
||||
|
|
||||
|
MATRÍCULA |
||||
|
O
pagamento realizarase en liña con tarxeta de crédito ou
débito |
||||
|
No enlace de matrícula debera seguir os
seguintes pasos: |
||||
|
|
1º Deberá autentificarse |
|||
|
|
|
a) Se pertence á comunidade universitaria
preme en “Autentificación
Universitarios” |
||
|
|
|
b) Se non pertence á comunidade
universitaria preme en “Autentificación
NO Universitarios” |
||
|
|
2º Actividades |
|||
|
|
3º Centro: Oficina de Cursos e a
continuación preme en “buscar” |
|||
|
|
4º Os
cursos están ordenados por data de realización, neste
caso deberá escoller o P1
ou P2 dependendo se se acolle
á tarifa xeral ou á tarifa reducida. Lembre que en caso de
escoller a tarifa reducida e non pertencer á comunidade universitaria
é imprescindible achegar á Oficina de Cursos o documento que
certifique esta circunstancia por calquera dos seguintes medios: correo
electrónico occocc@udc.es , fax 981 167 013 á
atención da Oficina de Cursos, ou presencial na Oficina de Cursos,
Universidade da Coruña, Casa do Lagar, Campus de Elviña, |
|||
|
|
Importante: En ningún caso será
posible a devolución das taxas logo de realizar a matrícula,
agás pola suspensión do curso |
|||
|
|
||||
|
Para calquera dúbida sobre a
matrícula pode poñerse en contacto coa Oficina de Cursos a
través do correo electrónico occocc@udc.es |
||||
|
|
||||