![]()
|
|
|
|
|
|
|
CURSOS DE VERÁN 2013 |
|
|
OBRADOIRO
DE HUMOR COMO FERRAMENTA PEDAGÓXICA |
||
|
|
||
|
3, 4 e 5 de xullo |
||
|
Horas de duración: 20 |
||
|
Recoñecemento
académico |
||
|
Titulacións a extinguir. Número de
créditos de libre elección para alumnos da UDC 1 |
||
|
Titulacións de graos. Segundo o acordo do
Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012 sobre a Normativa mediante a que
se establece o procedemento para o recoñecemento académico de
créditos por participación en actividades universitarias nos
graos da UDC: Aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer
créditos pola participación en cursos de verán oficiais
da UDC: 1 crédito por cada curso, ou no caso dos obradoiros, cando
estes foren de 20 ou máis horas lectivas. |
||
|
|
|
|
|
Coordinación: Dirección: Caride Delgado, M.ª
José Secretaría:Cruz
López, Laura |
Prezo: Prezo público xeral: 50
€ Prezo reducido: 30 € Aplicable a estudantes de calquera
universidade ou en estudos de formación profesional; persoas
colexiadas no Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg),
pensionistas ;persoas desempregadas e comunidade universitaria da UDC. Prazo de matrícula: Do 16 de maio ao 29 de xuño |
Información: Facultade de Ciencias da
Educación, Campus de Elviña. Tel. 981 167 000 ext. 4694 Lugar de realización: Edificio Xoana Capdevielle (Aula 1) Campus de Elviña. A
Coruña |
|
Resumo do curso: |
||
|
Preténdese
poñer de manifesto o carácter didáctico e motivador do
humor, o seu poder como ferramenta pedagóxica: para mirar a realidade
dende diferentes perspectivas que nos permita ampliar a comprensión
desta; para buscar respostas optimistas, esperanzadas e realistas que nos
aparte do inmobilismo, da pasividade; para idear novas e imaxinativas fórmulas,
técnicas e estratexias de intervención socioeducativa: para
promover a propia estabilidade emocional e coidado persoal no traballo con
poboación vulnerable. Organizados en catro módulos, abordaranse
entre outros contidos; conceptualización do humor, funcións
básicas da creatividade lúdica na tarefa socioeducativa; o
perfil da e do profesional alegre e comprometido; a creatividade
lúdica no equipo educativo; análise e deseño de
proxectos socioeducativos creativos. |
||
|
|
||
|
|
||