TRIPTICO

CURSOS DE VERÁN 2013

PROGRAMA

 

III CURSO DE VERÁN "A EVOLUCIÓN DO TURISMO NO MARCO DA SOCIEDADE GLOBAL: RETOS PARA A SÚA PLANIFICACIÓN E XESTIÓN

 

3, 4 e 5 de xullo

Horas de duración: 20

Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir. Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1

Titulacións de graos. Segundo o acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012 sobre a Normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos graos da UDC: Aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1 crédito por cada curso, ou no caso dos obradoiros, cando estes foren de 20 ou máis horas lectivas.

 

 

 

Coordinación:

Dirección: Andrade Suárez, María José.

Secretaría: Álvarez Sousa, Antón

Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 €

 

Aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, pensionistas ;persoas desempregadas e comunidade universitaria da UDC.

 

Prazo de matrícula:

Do 16 de maio  ata o 30 de xuño (só en liña)

 

Información:

Facultade de Socioloxía, Elviña.

Tel. 981 167 000 ext. 4904.

mandrade@udc.es

 

Lugar de realización:

Forum Carballo (Concello de Carballo-A Coruña)

Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa (Carballo)

Resumo do curso:

O turismo é un dos sectores máis importantes e é considerado como unha actividade de múltiples dimensións (económica, política, antropolóxica, social, tecnolóxica, ambiental, cultural, etc) que ten un grande impacto sobre os diferentes niveis organizativos tanto públicos como privados, individuais e colectivos, de todas as rexións do mundo. Pero para Galicia e España sigan punteiros a nivel mundial no sector do turismo, é necesaria a permanente e constante actualización de profesionais que saiban como planificar os nosos recursos e servizos para construir productos turísticos atractivos e que, ao mesmo tempo, repercutan no desenvolvemento socioeconómico sostible das áreas receptoras. Para este fin, ofrécese un programa formativo no que se analiza a transformación que está a sofrir o sistema turístico no contexto da globalización e da crise económica actual, así como as tendencias, oportunidades, retos e dificultades ás que se enfronta este sector, indicando tres elementos básicos: innovación e uso das TIC, a calidade en todas as actividades e o desenvolvemento socio-económico sostible.