CURSOS DE VERÁN 2017

FERRAMENTAS DE MARKETING E PROMOCIÓN PARA A DINAMIZACIÓN DO PATRIMONIO ENOTURÍSTICO

14 e 15 de setembro de 2017

PROGRAMA

TRÍPTICO

POSTER

Horas de duración: 15

Lugar de realización

Centro do Viño da Ribeira Sacra, R/ Comercio, 6 - Monforte de Lemos, Lugo. 

 Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1

Titulacións de graos: De acordo co disposto na normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC, aprobada por acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, modificada por acordo do mesmo órgano de data 21 de xullo de 2016, aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h., máximo 3 créditos por curso

Perfil preferente do alumnado: Persoas que traballen co turismo ou estean interesadas no desenvolvemento do territorio a partir do viño como ente vertebrador da oferta: técnicos/as de turismo e de cultura; guías de turismo; técnico/as de adegas de viño; estudantado; profesorado; membros de asociacións; animadores, etc.

Coordinación

Dirección: Jakson Renner Rodrigues Soares
Secretaría: María Dolores Sánchez Fernández

Entidades colaboradoras

CENP, Grupo de investigación Impetur,Cluster de Turismo, ITC. Mensula, Adega Vella, Paadin Eventos, Servino.net, Deputación de Lugo, Adega Vía Romana, Adegas Moure, Finca Míllara, Centro do Viño, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Ruta do Viño Ribeira Sacra, Rectoral de Gundivós.

Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 € Aplicable a Estudantes de calquera universidade e comunidade universitaria da UDC.

Información:

Escola Universitaria de Turismo,
Avda. De la Habana 6-7
15011 A Coruña
jakson.soares@udc.gal

Resumo do curso:

Un dos segmentos turísticos que destaca por ofrecer experiencias diversificadas é o enoturismo. Representa un aspecto interesante que caracteriza a oferta turística dunha área xeográfica específica, así como as súas tradicións, o seu patrimonio cultural, e a identidade da comunidade local. Galicia é unha das grandes rexións produtoras de viño en Europa e que posúe algunhas das denominacións de orixe máis antigas de toda a península ibérica. Así mesmo, este segmento engloba moito máis que visitas a adegas, con todo, faise necesario poñer en evidencia todo o patrimonio enoturístico da rexión, de maneira que o turista potencial sinta que as súas necesidades serán cumpridas coa experiencia no lugar.