CURSOS DE VERÁN 2017

MODELADO 3D CON SIEMENS NX. NIVEL BÁSICO (OBRADOIRO I)

12, 13 e 14 de xuño de 2017

Horario de 15:30 a 20:30 h.

PROGRAMA

Prazo de matrícula: do 19 de maio ata o 11 de xuño de 2017

Horas de duración: 15

Lugar de realización

Escola Universitaria Politécnica.
Avda. 19 de febreiro s/n. Serantes – Ferrol

 Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1

Titulacións de graos: De acordo co disposto na normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC, aprobada por acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, modificada por acordo do mesmo órgano de data 21 de xullo de 2016, aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h., máximo 3 créditos por curso

Perfil preferente do alumnado: alumnado 2º Bacharelato Tecnolóxico, alumnado ciclos Formación Profesional, alumnado carreiras técnicas universidade, persoal de oficina técnica e taller de industrias diversas e empresas de servizos

Coordinación

 

Dirección: Antonio Couce Casanova
Secretaría: Isabel Lamas Galdo


Entidades colaboradoras

NORPLAN, S.C.

TECH ACADEMY

3D LIMITLESS




Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 € Aplicable a Estudantes de calquera universidade, estudantes de estudos de Formación Profesional, pensionistas, persoas desempregradas e comunidade universitaria da UDC.

Información:

Escola Universitaria Politécnica.
Avda. 19 de febreiro s/n. Serantes – Ferrol
acouce@udc.es

Resumo do curso:

Curso de Modelado 3D no cal se emprega como soporte o software NX 10.0 de Siemens. Funcións Primitivas. Operacións booleanas. Creación de pezas con esbozo. Extrusión, rotación e varrido. Introdución á impresión 3D. Casos prácticos Creación e edición das relacións xeométricas con fórmulas. Creación da xeometría de datum para apoiar o deseño. Operacións 3D avanzadas. Casos prácticos. Engadir pezas a un conxunto. Mover pezas do conxunto. Vistas estoupadas. Corte no conxunto. Crear pezas no contexto conxunto. Casos prácticos. Vistas de debuxo principais. Vistas auxiliares. Vistas de corte. Vistas de detalle. Vistas rotas. Debuxar en vista. Vistas de debuxo estoupadas. Vistas PMI. Casos prácticos.

 

Pautas de matrícula

Matrícula