CURSOS DE VERÁN 2017

III CURSO DE VERÁN CIENCIAS SOCIAIS, EDUCACIÓN E SOCIEDADE: MEMORIA HISTÓRICA E CIDADANÍA DEMOCRÁTICA

28 e 29 de xuño de 2017

PROGRAMA

CARTEL

Prazo de matrícula: do 19 de maio ata o 26 de xuño de 2017

Horas de duración: 18

Lugar de realización

Aula Náutica da UDC.
Dique Barrié de la Maza, s/n. 15001 - A Coruña

Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1

Titulacións de graos: De acordo co disposto na normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC, aprobada por acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, modificada por acordo do mesmo órgano de data 21 de xullo de 2016, aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h., máximo 3

Perfil preferente do alumnado: Ciencias da Educación; Socioloxía; Humanidades; Historia; Filosofía; profesorado universitario, secundaria, infantil e primaria así como persoas interesadas na temática

Coordinación

 

Dirección: Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
Secretaría: Sara Carou García

 

Entidades Colaboradoras

Instituto Galego de Historia.

Murguía, Revista Galega de Historia.

Fundación alexandre Bóveda.

Comisión pola recuperación da Memoria histórica da Coruña.

Iniciativa Galega Pola Memoria.

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 € Aplicable a Estudantes de calquera universidade; comunidade universitaria da UDC; membros do Instituto Galego de Historia; subscritores de Murguía, Revista Galega de Historia; membros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña; membros da Agrupación Alexandre Bóveda, membros da Iniciativa Galega pola Memoria e membros da Fundación Alexandre Bóveda

Información:

 

Facultade de Ciencias da Educación, Elviña. 15071 A Coruña
secretaria@revistamurguía.com
 

 

 

 

Resumo do curso:

Curso en que se afondará na vixencia da recuperación da memoria histórica e na relación desta á hora de construír e manter unha cultura democrática. Valorizarase cal é o estado de saúde do movemento memorialístico na sociedade galega actual, analizando este desde o ámbito educativo, legal e patrimonial e cívico.

Pautas de matrícula

Matrícula