CURSOS DE VERÁN 2017

CUESTIÓNS ACTUAIS DE DEREITO PROCESUAL

13, 14 e 15 de setembro de 2017

PROGRAMA

Prazo de matrícula: do 19 de maio ata o 11 de setembro de 2017

Horas de duración: 20

Lugar de realización

Facultade de Dereito
Campus de Elviña.
15071 - A Coruña.

Colexio Provincial de Avogados da Coruña

Federico Tapia, 11

15005 A Coruña

 Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1

Titulacións de graos: De acordo co disposto na normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC, aprobada por acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, modificada por acordo do mesmo órgano de data 21 de xullo de 2016, aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h., máximo 3 créditos por curso

Perfil preferente do alumnado: Profesionais da Administración de Xustiza, avogados e procuradores, estudantes de Dereito

Coordinación

Dirección: Agustín-Jesús Pérez-Cruz Martín
Secretaría: David Soto Díaz

Entidades colaboradoras

Fundación privada Manuel Serra Domínguez

Colexio Provincial de Avogados da Coruña

Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 € Aplicable a estudantes de calquera universidade e comunidade universitaria da UDC.

Información:

Facultade de Dereito
Elviña, 15071 A Coruña
david.sdiaz@udc.es
Tel 881 011 566









Resumo do curso:

O curso pretende dar un repaso ás cuestións máis actuais relativas á práctica dos tribunais e aos procesos penal e civil, especialmente no tocante ás reformas acontecidas durante o ano 2015. Pero tamén ás novas prácticas xudiciais e extraxudiciais que se están a impulsar desde os poderes públicos. O curso dividirase en catro sesións: cuestións actuais de Dereito Procesual Civil (en que se tratarán temas como a influencia da xurisprudencia no TXUE en temas de execución hipotecaria ou as resolucións extraxudiciais de conflitos relativas ás reclamacións das cláusulas solo). Dereito Procesual Penal (en que se porá o foco no pretendido papel do fiscal como órgano instrutor, e nas novas modalidades de medidas cautelares e dilixencias de investigación), Dereito Procesual Constitucional (especialmente no relativo á execución constitucional), e unha última sesión de arbitraxe e mediación.

 

Pautas de matrícula.

Matrícula