CURSOS DE VERÁN 2017

A IGUALDADE DE XÉNERO NA AXENDA PARA O DESENVOLVEMENTO

Do 11 ao 14 de setembro de 2017

PROGRAMA

CARTEL

TRÍPTICO

Prazo de matrícula: do 19 de maio ata o 6 de setembro de 2017

Horas de duración: 18

Lugar de realización

Normal.
Paseo de Ronda, 47.
15011 - A Coruña

 Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1

Titulacións de graos: De acordo co disposto na normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC, aprobada por acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, modificada por acordo do mesmo órgano de data 21 de xullo de 2016, aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h., máximo 3 créditos por curso

Perfil preferente do alumnado: Alumnado de Ciencias Sociais como potenciais interesados pero extensión a matriculados en todas as titulacións con interese en cuestións de igualdade de xénero e cooperación ao desenvolvemento

Coordinación

Dirección: Carmen Castro García
Secretaría: Belén Fernández Suárez



Entidades colaboradoras

Asociación Enxeñería sen Fronteiras-Galicia (ESF-GALICIA)

Equipo de socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI)

Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 € Aplicable a estudantes de calquera universidade, persoas desempregadas, persoas xubiladas, voluntariado e persoal de Enxeñería sen Fronteiras e comunidade universitaria da UDC.

Información:

Facultade de Socioloxía,
Elviña, 15071 A Coruña
belen.fernandez.suarez@udc.es
Tel. 881 014 817








Resumo do curso:

Este curso afronta a cuestión da igualdade de xénero nas políticas e prácticas de cooperación ao desenvolvemento. Dentro das temáticas que se tratarán farase especial fincapé na relación entre a igualdade de xénero e unha visión crítica da economía a nivel global, tamén se tratarán cuestións metodolóxicas prácticas como a realización de indicadores para medir o impacto de xénero nos proxectos de cooperación, a importancia da comunicación estratéxica e nas redes sociais para impulsar unha maior sensibilización cara a unha sociedade máis xusta a nivel global, e finalmente, centrarémonos e falaremos da importancia do co-desenvolvemento en relación cos procesos migratorios e como as experiencias de cooperación feitas desde Galicia están introducindo na igualdade de xénero e nos enfoques feministas. Este curso está apoiado por Enxeñería sen Fonteiras-Galicia (ESF) a través das axudas de Cooperación Galega.

Pautas de matrícula.

Matrícula