CURSOS DE VERÁN 2017

OBRADOIROS DE MORFOLOXÍA URBANA- A CORUÑA 2017

Do 4 ao 7 de setembro de 2017

pnumcoruna17.wordpress.com/

PROGRAMA

Prazo de matrícula: do 19 de maio ata o 30 de xullo de 2017

Horas de duración: 30

Lugar de realización

Escola Técnica Superior de Arquitectura
Campus da Zapateira. 15071 - A Coruña

Fundación Luis Seoane
Rúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña

 Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 2

Titulacións de graos: De acordo co disposto na normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC, aprobada por acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, modificada por acordo do mesmo órgano de data 21 de xullo de 2016, aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h., máximo 3 créditos por curso

Perfil preferente do alumnado: Estudantes de arquitectura e urbanismo, estudantes de mestrado e egresados con interese no urbanismo e na construción da cidade contemporánea, investigadores en xeografía e socioloxía urbana.

Coordinación

Dirección: Xosé Lois Martínez Suárez
Secretaría: Valerio González Somoza


Entidades colaboradoras

Fundación Luis Seoane

Concellería de Cultura do Concello da Coruña

Prezo:

Prezo público xeral: 80 €

Prezo reducido: 50 € Aplicable a estudantes de calquera universidade e comunidade universitaria da UDC.

Información:

Edificio de Departamento da ETS de Arquitectura. Area de Urbanismo, Dpto. De Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo.
A Zapateira, 15071 A Coruña
gonzalezsomoza.valerio@gmail.com
Tel. 881 872 767







Resumo do curso:

Os postulados e modelos económicos baixo os que se estableceu a cidade actual foron xa superados, igual que o sistema socioconómico que a habitaba. Pola contra, a día de hoxe segue a ser o principal soporte das relacións sociais e económicas derivadas do modelo poscapitalista que imperan no noso ámbito, o que provoca tensións e desaxustes entre contedor e contido, poñendo en crise a validez das formas da cidade industrial e obrigando a repensar o papel dos nosos tecidos urbanos.

 

 Persoas interesadas:  morfoloxiaurbana2017@gmail.com