CURSOS DE VERÁN 2017

XIII CURSO DE VERÁN SOBRE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, TRABALLANDO EN LINGUA NA MÚSICA

19 e 20 de xullo de 2017

PROGRAMA

Prazo de matrícula: do 19 de maio ata o 16 de xullo de 2017

Horas de duración: 16

Lugar de realización

Fórum Carballo

 Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1

Titulacións de graos: De acordo co disposto na normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC, aprobada por acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, modificada por acordo do mesmo órgano de data 21 de xullo de 2016, aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h., máximo 3 créditos por curso

Perfil preferente do alumnado: Persoas que traballen ou estean interesadas na dinamización lingüística e no proceso de dinamización da lingua galega: técnicos/as de normalización lingüística e de cultura; dinamizadores/as socioculturais; estudantado, profesorado, membros de asociacións, docentes, animadores, etc.

Coordinación

Dirección: Xosé Manuel Sánchez Rei
Secretaría: Marisol Rios Noya

Entidades colaboradoras

Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Concello de Carballo

CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua

Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 € Aplicable a estudantes de calquera universidade,  persoas desempregadas, socios/as da CTNL e comunidade universitaria da UDC.

Información:

Servizo de Normalización Lingüística.
Maestranza, 9
15001 A Coruña
snl@udc.es
Tel. 881 011 042-881 011 055






Resumo do curso:

O traballo centrarase nun sector moi representativo para o futuro da lingua: o da música. Analizar a situación do galego no ámbito do tecido musical, os motivos desa situación e os factores e condicionantes que a provocan e que poden ser claves para a melloraren. Tamén se darán a coñecer e serán avaliadas experiencias positivas sobre o uso da lingua galega ou que procuran o emprego dela nas actuacións, nas relacións entre a xente do sector, nos produtos, na publicidade. Finalmente, proporanse medidas de intervención que procuren aprimorar a utilización e o prestixio do galego neses ámbitos.

Pautas de matrícula.

Matrícula