CURSOS DE VERÁN 2017

DIVERSIDADE, INCLUSIÓN E INTERVENCIÓN SOCIOCOMUNITARIA: CREANDO FUTURO E APOIANDO Á XUVENTUDE

19, 20 e 21 de xullo de 2017

CARTEL

PROGRAMA

Prazo de matrícula: do 19 de maio ata ás 12:00 do día 17 de xullo de 2017

Horas de duración: 20

Lugar de realización

Casa da Cultura " Pintor LLoréns"

Avenida do Porto s/n. 15160. Sada

 Recoñecemento académico

Titulacións a extinguir: Número de créditos de libre elección para alumnos da UDC 1

Titulacións de graos: De acordo co disposto na normativa mediante a que se establece o procedemento para o recoñecemento académico de créditos por participación en actividades universitarias nos Graos da UDC, aprobada por acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2012, modificada por acordo do mesmo órgano de data 21 de xullo de 2016, aos estudantes da UDC poderánselle recoñecer créditos pola participación en cursos de verán oficiais da UDC: 1,5 créditos por cada 15 h., máximo 3 créditos por curso

Perfil preferente do alumnado: Relacionado co ámbito das Ciencias Sociais, da Saúde, Xurídicas e Económicas, Psicoloxía, Sociais, Pedagoxía, Maxisterio, Logopedia, Comunicación, Dereito, Empresariais

Coordinación

Dirección: Manuel Baña Castro
Secretaría: Enrique Calviño Alcalde


Entidades colaboradoras

Secretaría Xeral da Muller. Xunta de Galicia.

Dirección Xeral de Inclusión; Dirección Xeral de Xuventude. Consellería de Política Social. Xunta de Galicia.

Deputación Provincial da Coruña. Servizos Sociais.

Concello de Sada.

Apned Mariña de Lugo.

Dismacor. Mariñas Coruñesas.

Asociación Proinclusión.

Asociación de mulleres rurais Fonte do Chantre. Mondoñedo

Prezo:

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 € Aplicable a estudantes de calquera universidade,  persoas desempregadas, pensionistas, persoas con discapacidade igual ou maior ao 33 % e comunidade universitaria da UDC.

Información:

Facultade de Ciencias da Educación
Elviña, 15071 A Coruña
inclusion@udc.es
Tel. 881 012 613





Resumo do curso:

Recursos e Posibilidade de Calidade de Vida a través da Inclusión e a Convivencia: O tratamento da diversidade no ámbito social e educativo. Inclusión e diversidade. Xuventude e cambio social. Participación e ferramentas para a dinamización e a inclusión social.

Pautas de matrícula.

Matrícula